Sigamos loitando, mellor dito LIMPANDO.

Tentarei expresarme sen molestar a niguén, e se molesto a alguén vaian por diante as miñas desculpas xa que non é a miña intención.
Cando fai bo día a todos/as ( ou case todos/as) nos gusta disfrutar del, cada quen a súa maneira, pero isto vai para unha xente en concreto que o disfruta dunha maneira moi particular, facendo unha churrascada, e diran, ¿ que ten de particular unha churrascada ?. Pois ben, de particular nada a non ser que pensen que son os únicos que viven na urbanización, coido que se pensasen que nas mesas onde comen e no chan onde fan as brasas poden estar a xogar cativos ou simplemente paseando persoas, non deixarían todo como o deixan, e se o teñen en conta válgame deus como terán as suas casas, as puntas oxidadas que quedan no chan son un autentico perigo, que o churrasco seguro que esta estupendo, pero despois de comelo queimar un pouco desa enerxia limpando e recollendo non estaría de mais.
Repito, que me perdoe quen se poida sentir molesto co que puxen, pero por favor sexamos un pouco menos egoistas e decatémonos que atras nosa ven mais xente e que igual que nos gusta atopalo sitio onde imos disfrutar do día limpo, os que veñen despois nosa tamén.