Pasapalabra.
Estando na casa, sen moito que facer, dicíame preguntas a min mesmo sobre a nosa urbanización e decateime que en moitas delas aplicaria pasapalabra, pero o peor de todo é que os nosos dirixentes políticos que son os que poden respostar a esas preguntas tamén estan a pasar palabra.
Tentarei explicarme dende a miña absoluta ignorancia:
As promotoras teñen que por de aval no concello uns cartos, estes serán devoltos as mesmas sempre e cando a obra que levan acabo quede rematada tal e como se indica no plano e cumprindo coas respectivas leis vixentes,logo ¿ onde están os cartos pertencentes a Novo Mesoiro ?.
Para recepcionar unha obra ou neste caso urbanización por parte de Urbanismo, un tecnico/a de dito departamento debe revisar que todo esta legalmente correcto, pois ben teño as miñas serias dúbidas de que eiqui viñese alguén, e se foi asi, ¿ poden decir estes señores que é o que viron ?, ou mellor dito ¿ porque non quixeron ver ?.
Según teño entendido un tal Esteban Lareo estivo hai un tempo pola nosa zona paseando para ver en primeira persoa as necesidades que tiñamos, temos e teremos deseguir asi, xa que é o responsable de infraestructuras do concello, coa diplomacia que lles corresponde supoño que levaría os temas cara onde a el mais lle conviña pero unha das cousas que lle reclamaron foi que as áreas de xogos infantis tivesen o chan de goma, A resposta do SR. Lareo mais ou menos foi: no ya que ese tipo de suelo con el tiempo tiene mucho moho, es más en Barcelona que estan muy encima de estos temas lo están cambiando colocando de nuevo canto rodado. moi ben SR Lareo pois esta pregunta é para vostede directamente, ¿ podenos dicir os veciños de Novo Mesoiro que tipo de chan van a colocar en Pablo Neruda ?, siga vostede asi onde dixen digo digo diego, que podíamos agardar, é político.
Todo isto podería ser moito mais extenso pero a medida que escribo encendome e vai ser mellor que de momento quede asi, xa sabedes porque é pasapalabra.
Deica outra.