A directiva da Asociación reparte polos comercios do barrio os logos da “Rede de Comercios”.
Onte á tarde varias e varios compañeiros da xunta directiva comezaron a repartir os logos que acreditan ás empresas colaboradoras da Asociación de Veciños.
Desde que a nova xunta directiva foi elixida marcouse como un dos seus principais obxectivos fomentar o comercio e o consumo do barrio. Así, e nada máis tomar posesión, aprobouse tentar fomentar a creación dunha rede de comercios colaboradores, en consonancia cos propios estatutos da asociación que recollen a figura das EMPRESAS-SOCIAS. Esta mutua colaboración fixo que todas as actividades que se organizaran desde entón estean apoiadas e participadas por moitos dos comercios de Novo Mesoiro.
En agradecemento e recoñecemento desta colaboración todas as empresas colaboradoras lucirán nos seus establecementos un logo especialmente deseñado. Trátase dun plano do noso barrio sendo abrazado por unha rede que simboliza a “Rede de Comercios” que queremos crear. Durante esta semana e a que ven serán repartidos por todos estes establecementos este logo que acredita a súa colaboración.
Desde a Xunta Directiva queren agradecer a todos estes comercios a súa axuda nas actividades que se están facendo. Mais, se cabe, coa situación económica que estamos atravesando, momento en todas e todos debemos colaborar para saír desta. A carreira popular, as festas de Nadal e a festa de Antroido se puideron facer grazas a eles. Comercios comprometidos co barrio e comercios que axudan a facer un barrio mellor.






