Equivocación en articulo denunciando deficiencias en la escuela infantil de Novo Mesoiro

El otro día nos hicimos eco de una noticia que publico La Opinión en el que nombraban que Izquierda Unida denunciaba deficiencias en la Escuela Infantil de Novo Mesoiro (CLICK AQUI PARA LEER EL ARTICULO), estos días Izquierda Unida se puso en contacto con nosotros para informarnos que la noticia era errónea, ellos se referían a la Escuela Infantil de Monte Alto y no a la de Novo Mesoiro, creemos conveniente avisar del error para que los padres no se alerten por una noticia errónea, la correcta era la siguiente:

COMUNICADO DE PRENSA

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA – OS VERDES PRESENTA UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS A FIN DE COÑECER SE O GOBERNO LOCAL TEN PENSADO ARRANXAR CUBERTA, GOTEIRAS OU CABLEADO ELÉCTRICO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

ESQUERDA UNIDA ESIXE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE ARRANXE AS DEFICIENCIAS EXISTENTES NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE MONTE ALTO

O VOCEIRO DE EU-V, CÉSAR SANTISO, INDICOU QUE “PARA UNHA CALIDADE ÓPTIMA DAS ENSINANZAS IMPARTIDAS NAS ESCOLAS INFANTÍS PÚBLICAS É PRECISO CONTAR CON UNHAS INFRAESTRUTURAS SEGURAS”»

Unha comitiva de Esquerda Unida desprazouse ata a Escola Infantil Municipal (EIM) de Monte Alto e puido constatar o abandono existente en diversas zonas que rodean á instalación municipal que alberga aos fillos das familias traballadoras coruñesas.

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que arranxe as deficiencias existentes na Escola Infantil Municipal de Monte Alto, pois na entrada da EIM atópase cableado eléctrico en mal estado e colgando da fachada co risco que implica que polo mesmo sitio caia auga da limpeza realizada na primeira planta exterior do mercado. Asemade, as consecuencias desta limpeza supoñen que na porta de acceso á escola exista diariamente un goteo que molesta a nais, pais e alumnos, forma humidades nas instalacións e un charco continuo moi preto da porta principal do centro co conseguinte risco de resbalons.

Por outra banda, a cuberta está en completa situación de abandono con restos inorgánicos e maleza que danan o teito e desgastan a infraestrutura do centro. Por iso, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha batería de preguntas a fin de coñecer se o goberno local ten pensado arranxar cuberta, goteiras ou cableado eléctrico da escola infantil municipal. O tenor literal das preguntas é o seguinte:

– Ten pensado o goberno municipal arranxar a cuberta da escola actualmente en estado de abandono?

– Ten pensado o goberno municipal arranxar o continuo goteo de auga na entrada da EIM de Monte Alto a fin de evitar as molestias dos pais e nenos que asisten á escola e as humidades que se están a formar?

– Ten pensado o goberno local restituír o cableado eléctrico que colga da fachada da EIM de Monte Alto e que se atopa nunhas nefastas condicións?

o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “

Grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes Concello da Coruña