COMO TE MUERAS, TE MATO. 12 y 13 de Decembro no Colón

DECEMBRO ás 20:30 horas 12/13 COMO TE MUERAS, TE MATO de Rafael Pence

UNHA FORTUNA UN TESTAMENTO SEIS CANDIDATOS UN SÓ HERDEIRO Estes son os ingredientes que dan forma a esta comedia, condimentada con moito humor, suspense e intriga, nunha trama intelixente que non se desentrañará ata o final da obra. UNHA FORTUNA Moito diñeiro en xogo… e todos queren a súa parte.

UN TESTAMENTO Un defunto que se fai oír dende a tumba. SEIS CANDIDATOS Un irmán mediocre, unha cuñada ambiciosa, unha irmá prepotente, un sobriño sen escrúpulos, unha amante nova e un mordomo moi atrevido. Este é o pintoresco grupo de candidatos que pretende recibir a herdanza. UN SÓ HERDEIRO Quen será o afortunado? Mentiras que confesar, delitos que recoñecer, culpas que expiar… Moitos segredos sairán á luz. Ata onde están dispostos a chegar por diñeiro? Que baixo poden caer por unhas moedas?

Elenco: Belinda Washington Pedro García Marzo Maribel Ripoll Joshean Maouleón Celine Tyll Vicente Colomar Isaac Vidjrakou Autor e director: Rafael Pence