14 de DECEMBRO SHERLOCK HOLMES. Teatro Infantil no Colón

14 de DECEMBRO SHERLOCK HOLMES de Arthur Conan Doyle
Nenos a partir de 7 anos.

 Sherlock Holmes e o Club dos Rubios: Londres, 1889. Sherlock Holmes está desesperado. Non ten ningún caso para resolver e isto pono nunha situación enervante. Pero as cousas non son nunca o que parecen. Durante unha actuación do mago Basil Gillette e da cantante Rebecca Adler no teatro, prodúcese un curioso roubo á Raíña. Paralelamente aparece un anuncio no xornal cun estraño reclamo: O selecto “club dos rubios” ten unha vacante nas súas oficinas. Jabez Wilson, o inxenuo propietario dunha mercería insolvente, consegue a vacante, no novo traballo terá que copiar íntegra toda a enciclopedia británica. Rapidamente, Holmes establece a conexión entre estes feitos e, coa axuda do seu bo amigo e cronista o Doutor Watson, consegue desenmascarar a unha parella de criminais en potencia e evitar o roubo dun dos bancos principais da City. Sherlock Holmes é un detective privado alto, delgado, de nariz aquilino, irónico, enxeñoso e intelectualmente inquieto.

A súa principal característica é o emprego do razoamento puro para resolver os casos máis intrigantes e poder chegar ás conclusións máis sorprendentes a partir de detalles aparentemente triviais, grazas ao seu extraordinario poder de concentración e aos seus amplos coñecementos.

O personaxe creado por Sir Arthur Conan Doyle viu como nacían, en todo o mundo, multitude de sociedades e millóns de seguidores. “En formato de musical clásico, presentamos a un dos personaxes máis emblemáticos da literatura inglesa, adaptado, neste caso, a un público de todas as idades. Gustaríanos chegar aos rapaces e rapazas que xa teñen referencia cinematográfica tanto do personaxe Holmes como do xénero policial e de misterio. Neste sentido, a música ten unha gran importancia. Está composta orixinalmente por Xavier Torras, gran coñecedor do xénero e compositor de bandas sonoras en outros espectáculos. Interveñen na montaxe seis actores que, ao fío da historia, adquirirán diversas personalidades, permitíndonos ver máis personaxes en escena. A escenografía e o vestiario recrean o ambiente vitoriano da época do autor.” La Compañía