ESQUERDA UNIDA DEMANDA AO GOBERNO MUNICIPAL QUE INSTE Á XUNTA PARA HABILITAR UN INSTITUTO EN NOVO MESOIRO
Izquierda Unida nos manda la siguiente nota:
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA – OS VERDES PRESENTA UNHA INICIATIVA PLENARIA PARA QUE O CONCELLO INICIE ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA GARANTIR O ACCESO A EDUCACIÓN SECUNDARIA NO BARRIO DE NOVO MESOIRO
ESQUERDA UNIDA DEMANDA AO GOBERNO MUNICIPAL QUE INSTE Á XUNTA PARA HABILITAR UN IES EN NOVO MESOIRO
O VOCEIRO DE EU-V, CÉSAR SANTISO, INDICOU QUE “SEMELLA INAUDITO QUE O BARRIO CON MAIOR NÚMERO DE FAMILIAS TRABALLADORAS MOZAS E CON MAIOR ÍNDICE DE NATALIDADE E RAPACES CAREZA DUN IES, MÁXIME CANDO É O BARRIO PEOR COMUNICADO DA CIDADE”
Unha delegación de Esquerda Unida trasladouse até Novo Mesoiro para ter unha xuntanza coa asociación veciñal do barrio, dentro da súa rolda de visitas aos barrios da Coruña para coñecer de primeira man as necesidades e demandas da veciñanza.
Esquerda Unida demanda ao goberno municipal que inicie que inste á xunta para habilitar un IES en Novo Mesoiro. Tal e como nos trasladou a veciñanza, a necesidade dun Instituto de Educación Secundaria semella fundamental para dar resposta as necesidades das familias dos barrio onde hai numerosos rapaces, xa que actualmente non hai, obrigando á mocidade a desprazarse a outros institutos da cidade nun barrio con grandes eivas de mobilidade. Tendo en conta o importante aumento de rapaces. Moitos nenos e nenas, en menos de dous anos, terán a necesidade de ir ao instituto, xa que como comentan dende a Asociación unha das características principais do barrio de Novo Mesoiro e a numerosa veciñanza con nenos e nenas en idade escolar.
Nese sentido, o Voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella inaudito que o barrio con maior número de familias traballadoras mozas e con maior índice de natalidade e rapaces careza dun IES, máxime cando é o barrio peor comunicado da cidade”. Xa que logo, resulta necesario comezar os trámites para a construción dun instituto que cubra as necesidades do barrio.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha iniciativa plenaria para que o concello inicie actuacións necesarias para garantir o acceso a educación secundaria no barrio de Novo Mesoiro que consiste nas seguintes preguntas escritas.
¿Ten o goberno local coñecemento dista situación?, ¿dende cando?
¿Ten pensando o goberno municipal reunirse coa AVV. de Novo Mesoiro para informarlles das actuacións, propostas e orzamento previsto para dar resposta a este necesidade? Cando?
Grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes
Concello da Coruña