Presentación única candidatura á A.VV.

Rematado onte, martes 2 de setembro, ás 20.00 h., o prazo de presentación de candidaturas á xunta directiva da Asociación de Veciños de Novo Mesoiro, comunicamos á veciñanza do barrio que unicamente se presentou unha candidatura, e que a seguir se relaciona:

– Manuel Francisco Méndez López (presidencia).
– Lorena María Mallo Gómez (vicepresidencia).
– Xosé Aller Viaño (secretaria).
– Martina Iglesias Montoto (tesouraría).
– Iago Mira Romero (vocalía-vicesecretaría).
– Roberto Perez Cernadas (vocalía).
– Mónica Calvo Delgado (vocalía).
– Benito José Villar Pena (vocalía).
– Luis Penas Queimadelos (vocalía).
– Francisco Rolle Bermúdez (vocalía).
– María Camen Piñeiro Golán (vocaliía).
– Ana Belén Roca Vázquez (vocalía).

Desde hoxe ate o domingo ábrese un prazo de alegacións a esta candidatura.
Lembrar que as eleccións se produciran en asemblea extraordinaria o vindeiro sábado 13 de setembro. Previamente, e convocada para as 11.30 h. hai asemblea xeral anual ordinaria onde se someterán a debate e aprobación, se proceder, os informes de xestión e tesouraría.
Ambas asembleas serán no centro cívico, e están convocadas todas as persoas socias ao corrente de pagos da asociación e que deberán ir acreditadas coa súa correspondente documentación (DNI ou carné de conducir).