Más sobre el centro de salud que se construirá en Novo Mesoiro

Sobre o centro de saúde de Mesoiro- Feáns, Cayetano Rodríguez Escudero salientou que o Consello da Xunta do pasado 4 de decembro acordouse a cesión gratuíta por parte do concello dunha parcela de 4.000 metros cadrados e tamén que se está pendente da publicación no Diario Oficial de Galicia do proxecto para a execución desta obra cun orzamento de licitación de 1,5 millóns de euros.

No programa funcional do centro, que atenderá a unha poboación de ao redor de 12.000 persoas, constan sete consultas de medicina xeral, sete de enfermería, dúas de pediatría, unha de enfermería pediátrica, unha sala polivalente, unha sala de curas e outra para toma de mostras. A instalación tamén disporá de sala de técnicas, o que implica que nel desenvolverase cirurxía menor ambulatoria, teledermatoloxía, e o Programa de Atención Integral á Saúde da Muller. A construción deste centro de saúde, ademais de dar servizo a unha poboación nova, permitirá desconxestionar os centros de saúde de Matogrande, Ventorrillo e Elviña.

Parcela del centro de salud en marrón clarito
Parcela del centro de salud en marrón clarito

Fuente: Sergas.