CARTA DE LA PLATAFORMA DE AFECTAD@S DE NOVO MESOIRO

Dende a plataforma de afectad@s pola supresión das axudas ás hipotecas queremos facer unhas aclaracións sobre o que está a pasar coa nova aplicación do RD Lei 20/2012, onde Fomento, este verán, retira a interpretación restritiva do seu artigo 35, e parece, que vai pagar as axudas os afectad@s dende o período de xuño 2012 ate xullo 2013, e tamén algunhas dúbidas que nos xurdiron coa oficina que dende o concello abriu na segunda quincena de setembro no noso barrio .

Respecto a o novo criterio, entendemos dende a plataforma que esta nova medida é un avanzo cara a conseguir que se restablezan os dereitos d@s afectad@s pero non é o acordado nas reunións cos representantes da Xunta e Concello.

A plataforma dende sempre defendeu e defende, o que aparece no informe que remitiulle a defensora del Pueblo Soledad Becerril (http://subsidiacion.files.wordpress. com/2013/09/texto-informe-defensor-pueblo-26sep.pdf) ao Ministerio de Fomento, que logo recolleu o Valedor do Pobo e remitiulle ao Parlamento Galego, e que nós levamos tanto ao pleno do Concello (que aprobou por maioría) e ao Parlamento de Galicia (que a posteriori, este ano, aprobou nunha iniciativa presentada polo PP) e que di “que se abra un prazo de 6 meses para presentar novas solicitudes de renovación” para aquelas persoas que foron mal asesoradas, tanto polas entidades financeiras como pol@s funcionari@s da administración, (existen datos contrastados de que moita xente non renovou por unha mala interpretación do que é o procedemento administrativo e así o fixo constar a Defensora del Pueblo no seu informe ).

Este novo prazo corresponderíalle a Xunta de Galicia abrilo, como xestor das axudas que é, xa que Fomento non é responsable das xestións administrativas destas axudas e non temos constancia oficial de que o vaia facer de oficio.

Tamén, a día de hoxe, como plataforma de afectad@s, non recibimos oficialmente ningunha resolución ou notificación da Xunta de cómo está a facer esta nova xestión administrativa, nin nós, nin a plataforma de Vigo, que somos os que englobamos o maior número de afectad@s en Galicia .

Nos indigna que levaramos moito tempo tendo reunións e contactos cos dirixentes do PP nesta localidade, sempre actuando de boa fe pola nosa parte co obxectivo de arranxar parte do problema, e non se nos comunicara nada desta nova.

Cando a ministra Ana Pastor decidiu nunha entrevista modificar o criterio interpretativo dende a plataforma nos puxemos en contacto rapidamente co PP para ter reunións periódicas para que nos explicaran como ían xestionar isto, e despois de reunirnos e falar varias veces e reiterar as nosas propostas, ao final non se nos comunicou nada, polo que entendemos que non lles interesa falar directamente c@s afectad@s.

Unha vez que a Xunta asume de oficio a resolucións dos expediente a nós, xúrdenos diversas cuestións que a Xunta terían que contestar, para que exista una clara renovación do dereito d@ afectad@.

  1. Canto tempo ten que esperar un/unha afecta@ para que lle chegue a carta da Xunta, por revisión de oficio?
  2. Se non reciben a carta coa resolución como poden facer para reclamar as axudas     (xa que non existe período establecido neste procedemento novo, para recorrer administrativamente), onde se ten que acudir para presentar o reclamación e que prazo hai?, isto non provoca unha indefensión manifesta?.
  3. Aquela xente que ten as axudas concedidas pero non a chegou a cobrar como pode facer si a Xunta non lle envía unha resolución nova e os bancos non lles aceptan estas resolución? Teñen os bancos a nova interpretación do RD 20/2012?. Dende cando, xa que moit@s afectados estanse atopando que as entidades financeiras non saben nada e non aceptan as documentacións?
  4. Dende cando van cobrar as axudas, entendemos que é retroactivo?. Se é retroactivo o pago será proporcionalmente en relación a cada exercicio fiscal , é dicir, que se poderá imputar en cada ano a cantidade que lle correspondería no seu caso, e isto terano que especificar aos bancos, senón hai que imputalo neste ano fiscal todo o pago atrasado o que supón un agravio ao terse incrementado os impostos.
  5. Nas sentencias condenatorias, cando se lles van a pagar os intereses de demora?

Dende a plataforma rexeitamos tamén lei 4/2013 sobre o Aluguer que na súa Disposición Segunda (non entendemos que ten qué ver o Aluguer coas axudas as vivendas VPO) anúlanse todas as axudas as vivendas de VPO, dende o 7 de xullo de 2013, e que provocan que existan moit@s afectad@s no barrio que se vexan privados desta axuda, tan necesaria nestes momentos.

Esta lei está recurrida no constitucional a través da Coordinadora Estatal onde participamos, por entendermos que é ilegal e viola o principio de irretroactividade das leis ( xa temos 2 sentencias condenatorias en Madrid e Valencia).

Se o Alcalde, despois das últimas declaración, está c@s afectad@s espero que nos apoien en solicitar ao Constitucional que anule a Lei e que presente algunha instancia á Ministra Ana Pastor para que a retire (por certo militante en Galicia do PP polo que a proximidade non sería un problema).

Respecto co tema da oficina que o Concello colocou no centro cívico, gustaríanos facer unha valoración positiva pero estamos encontrando con moitas queixas d@s veciñ@s

  1. A Oficina non se resolven as dúbidas con respecto os expedientes (cálculos do IPREM, a non chegada das cartas, a denegación pola lei 4/2013,a problemática cos bancos, cálculos das bases das axudas, os prazos etc ) e se lles remite a xente a plataforma para que fagan as consultas que teñan, isto pola nosa parte parécenos un tomadura de pelo, nos asesoraremos a xente sempre pero xa que se a oficina está para asesorar @s afect@s , tal como dixo o Alcalde para que vale.
  2. Algúns/as afectad@s non atopan aberta oficina no seus horarios, entón para que marcan tales horarios?
  3. Non se revisan expedientes, cando os datos son de fai 3 e 4 anos e pode haber moitos erros. Nos dende a plataforma non podemos ver os expedientes xa que é a administración quen os xestiona, se a oficina no pode facelo entón que pode facer?

Dende o primeiro momento a plataforma sempre mantivo a súa imparcialidade, e todo o que fixo sempre foi informando a todas as forzas políticas; sempre se buscou o consenso (véxase o pleno de decembro de 2013 na Coruña, as reunións co PP na localidade, as reunións con todas as forzas políticas do parlamento …); sempre se informou aos representantes da Xunta e do Concello na cidade das nosas reivindicacións e campañas, polo que non se nos pode acusar como así está a facer de ser partidistas., o único partidismo que hai e aquel que quere sacar réditos da problemática d@s veciñ@s.

Dende aquí pedimos ter unha xuntanza coa Alcalde e representantes da Xunta para debater cómo solucionar esta problemática que afecta ao noso barrio.