ESQUERDA UNIDA PROPÓN CONECTAR NOVO MESOIRO CO CHUAC E A UNIVERSIDADE, MEDIANTE TRANSPORTE PÚBLICO COLECTIVO

EU nos manda la siguiente nota:

A concelleira de barrio recoñeceu recentemente a imposibilidade de mellorar as conexións de bus de Novo Mesoiro, escudándose na blindaxe do contrato coa Compañía de Tranvías pero obviando a posibilidade que ten o goberno municipal de negociar coa dita empresa concesionaria.

Esquerda Unida propón conectar Novo Mesoiro co CHUAC e a Universidade, mediante transporte público colectivo. O barrio, un dos máis populosos e mozos da cidade, necesidade urxentemente mellores conexións de autobús para paliar as grandes eivas que padece en canto mobilidade, tal e como demanda a Asociación Veciñal Novo Mesoiro, xorde por tanto, a necesidade de crear unha nova liña, ou ben desviar as existentes (21, 23, 23A) para conectar o barrio coa zona de Espacio Coruña, coa Universidade e con Matogrande, con destino final no CHUAC e no Materno Teresa Herrera. Chegou, por tanto, o momento de poñer coto ao albedrío da Compañía de Tranvías que segue a estruturar as comunicacións locais, impoñendo uns horarios e unhas condicións que obrigan as veciños a adaptarse ás condicións da concesionaria en lugar de que esta se adapte as necesidades da veciñanza.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistra unha pregunta plenaria de resposta escrita para coñecer si o goberno local ten pensando mediar coa Compañía de Tranvías para conectar Novo Mesoiro, concretamente:

  • O goberno Municipal vai mediar ante a Compañía de Tranvías da Coruña para axeitar unha liña co seguinte percorrido “Novo Mesoiro-CHUAC”, que permitiría unir Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, Campus de Elviña, Espazo Coruña, Matogrande, Teresa Herrera e CHUAC, para que entre en servizo no 2015?
  • En caso afirmativo, podería sinalar horario de inicio e remate, asignación de buses e frecuencias, que ben poderían ser similares ás que actualmente cobren o servizo entre Feáns/Mesoiro co centro da cidade?
  • En caso negativo, pode explicarlle á veciñanza afectada, as razóns fundandas que motivarían non dotar deste servizo? 

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinala que “o goberno municipal debe garantir que os servizos públicos cubran as necesidades da veciñanza. Escudarse en “blindaxes” contractuais tan só serve para eludir responsabilidades, apostamos por reestruturar as liñas de buses para que ningún barrio permaneza illado do CHUAC e do campus universitario”.