Aviso da A.VV. Novo Mesoiro.
Este mércores 25, entre ás 18.00 h. e as 20.00 h. membros da Xunta Directiva da A.VV. estarán no despacho do centro cívico para recoller as sinaturas daquela veciñanza que queira sumar a súa adhesión para a solicitude do Colexio no barrio. Lembramos que esta é a última semana de recollida xa que para o martes 31 tense pensado achegar a solicitude formal con todas as sinaturas acadadas na Xefatura Provicinal da Consellaría de Educación.
Do mesmo xeito tamén atenderase nese horario a aquelas persoas que non tendo domiciliada a súa cota da asociación queiran actualizar o pago da mesma en efectivo.
Grazas a todas e todos.