ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015 – Proxectos para Novo Mesoiro.

Durante os últmos meses moitos partidos políticos que se presentan ás vindeiras eleccións municipais do día 24 falaron coa Asociación de Veciños para saber cales eran as prioridades para o barrio co obxecto de elaborar o seu programa de actuación para a lexslatura 2015-2019.

É por iso que a asociación, a principios deste mes de maio, púxose en contacto con todas as forzas políticas que se presentan na nosa cidade para que nos trasladaran as súas propostas finais para o barrio. A nosa intención é poder saber de primera man cales son os proxectos-promesas que todas elas teñen. E, sobre todo, podelos dar a coñecer á veciñanza.

Deste xeito habilitamos esta pestana onde colgaremos todos aqueles programas que nos acheguen as diastintas formacións (os que non aparezan será porque non foron achegados) puidendo acceder a eles con tan so premer no logo correspondente.

O noso obxectvo é abrir un debate con todas e todos vós e poñer en común cales credes que son as prioridades para Novo Mesoiro. Por iso animámovos a que contrastedes as propostas que as distintas formacións teñen e que, tamén, fagades as vosas propias, acheguando suxestións, queixas, proxectos, etc.

Queremos que o conxunto do barrio poda decidir e que toda a veciñanza participe na toma das decisións que nos afectan. Queremos, en definitiva, que as actuacións que o próximo goberno municipal faga en Novo Mesoiro sexán porque son froito da decisión maioritaria do conxunto da veciñanza.

Si facedes click nos logos podedes acceder o programa de dito partido, actualizarse según  manden programas:

unnamed7unnamed2    unnamed4       unnamed1

 

unnamed8

unnamed3   unnamed6