1º Brigantia Trail concello da Coruña

O Club Brigantia Aventura está a organizar un trail na contorna de Novo Mesoiro. Este celebrarase o vindeiro domingo 19 de xullo a partir das 10 da mañá.

Será un trail con dúas distancias de 25 e 12 km. cadansúa, e sairá da zona do Centro Civico, rematando no mesmo lugar, percorrendo os montes da contorna a través das propias pistas que existen neles hoxe en día, e empregando o mínimo percorrido posíbel das estradas pavimentadas. O prezo da inscrición é de 15,00 €

E esta actividade conta co apoio de Concello da Coruña, o Concello de Arteixo, e as colaboracións das empresas do noso barrio «A Garota» e o «Eroski», e máis dalgún colaborador máis.

Se quixeras participar nesta actividade podes acadar máis información no seguinte enlace facebook
https://www.facebook.com/events/1591618894383374/.

E como é lóxico, tamén esta actividade require da colaboración de persoas voluntarias para tarefas sinxelas de organización, loxística, cruces, información, consigna, etc.,  polo que se queres participar axudando ao Club Brigantia podes igualmente poñerte en contacto con eles a través dos medios indicados.

Trail mesoiro 2