Restruturación da directiva da AVV de Novo Mesoiro

Restruturación da Xunta Directiva da AVV Novo Mesoiro

O martes 8 de setembro, en xunta directiva da AVV de Novo Mesoiro, aprobouse unha reestruturación de cargos, dado que o seu presidente Manuel Francisco Méndez presentou a su dimisión por unha cuestión ética e de compromiso coa nosa asociación.

Como todos sabemos a nosa asociación nos últimos anos sempre se caracterizou pola súa independencia coas organizacións políticas da cidade, e dado que o presidente pasou fai unhas semanas a traballar como asesor político do BNG decidiu e decidimos que en coherencia co noso vagar destes anos, debería renunciar a representar a AVV en calidade de presidente, pero permanecer como vogal na dirección da AVV.   Polo que se aproba por unanimidade a nova dirección da AVV de Novo Mesoiro e, aplicando o artigo 32 dos estatutos da AVV Novo Mesoiro, asígnanse os cargos de Presidente e secretaria a Xosé Aller Viaño e Mónica Calvo Delgado respectivamente, permanecendo o resto de cargos como estaban ata finalizar o período de lexislatura.

Queremos agradecer dende a directiva o traballo desenvolvido por Manuel Francisco ao longo de este ano, sabemos que este último ano foi de traballo arduo e duro que serviu para poder seguir traballando arreo pola veciñanza. Grazas o seu traballo seguimos mantendo as diversas actividades ao longo do ano (festa do Samaín-Magosto, Xogos Lúdicos, Festa do Entroido, e Festas do Barrio) así coma o traballo máis reivindicativo defendendo publicamente os intereses do barrio e da veciñanza, sabemos que o seu compromiso coa AVV segue presente e que nos aportará unha experiencia e moita axuda como membro da dirección da AVV.

Queremos tamén agradecer a estas dúas persoas que asumen un novo cargo na dirección da AVV, sabendo o traballo que iso supón, e facemos un chamamento a tod@s @s veciñ@s a colaborar coa AVV de Novo Mesoiro para mellorar entre tod@s o noso barrio.

Saúdos