O día 25, ás 18.00 horas, celebraras no barrio un encontro aberto para a para a participación cidada na toma de decisións municipais

A Concellería de Participación e Innovación Democrática inicia mañá o primeiro encontro cidadán dentro dos procesos participativos que pretende poñer en marcha nesta lexislatura e que, no seu conxunto, reciben o nome de A?Porta Aberta e que servirán para que “toda a cidadanía poida participar na toma de decisións municipais a través de organismos estables”. O primeiro deses procesos, o que arrinca mañá, martes 22, atinxe á organización da cidade en distritos como “órganos territoriais de especial relevancia que serán fundamentais para, nun futuro, elaborar uns orzamentos participativos”.

A intención do Executivo municipal é que A Coruña se axuste á Lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno local que establece que a política municipal debe ser máis participada e debe descentralizar órganos, precisamente, coa axuda da figura dos distritos. Así, a concellería que dirixe Claudia Delso pretende comezar un proceso con varias fases para que Goberno e cidadanía non só marquen os límites dos distritos da cidade, senón que decidan como poderían actuar para converterse nunha canle de comunicación intermedia entre veciñanza e Concello. A primeira fase deste proceso arrinca mañá e durará até o 22 de decembro. A concellería levará a cabo un total de 27 encontros abertos a todos os veciños e veciñas da cidade. Á vez, desenvolverá un espazo de participación o?n line,?coa finalidade de que todo o proceso sexa o máis inclusivo posible e a cidadanía tamén poida participar sen desprazarse.

Mañá, día 22, celebraranse os primeiros encontros presenciais de setembro. O primeiro terá lugar ás 10.30 horas no Centro Cívico A Silva, mentres que o segundo será ás 18.00 horas no Centro Cívico de Palavea. O mércores 23, con idéntico horario, os encontros desenvolveranse en Feáns e en San Diego, mentres o xoves 24 tocaralle o turno ao Castrillón e a Eirís. O día 25, ás 18.00 horas, celebrarase o encontro do Centro Cívico de Mesoiro, mentres que o 28 desenvolverase o da Cidade Vella, o 29 o de Monelos, e o 30 haberá xuntanza no Espazo Veciñal do Birloque, todo ás 18.00 horas.

No proceso que agora se abre para definir e analizar a organización municipal en distritos, a cidadanía poderá participar tanto de xeito presencial como telemáticamente. Ademais, a través da web dos procesos participativos (w?ww.coruna.es/aportaaberta)?todas e todos os que o desexen poderán consultar a documentación sobre o proceso, inscribirse e ver a lista de encontros ou participar o?n line.?“Este proceso será a primeira pegada para establecer entre os e as veciñas os lugares de referencia nos que poder participar de forma permanente nas decisións da cidade e, nomeadamente, o feito de ter a cidade en distritos vainos permitir establecer de xeito regulado e normalizado, uns orzamentos participativos”, explica Delso, concelleira de Participación que, o pasado xoves, nun acto no que se encheu de público o Teatro Rosalía, deu a coñecer as liñas básicas de traballo do seu departamento ­­incluído este proceso dos distritos­­ acompañada polo alcalde Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela.

Aqueles e aquelas que o desexen poderán inscribirse para participar nestes encontros a través do 0 1 0 , n o s p r o p i o s c e n t r o s c í v i c o s d o b a r r i o o u n a w e b d e ?A P o r t a A b e r t a . ?