INICIACIÓN AGRICULTURA ECOLÓXICA. Xornada formativa 21 de novembro de 2015. Centro Cívico de Novo Mesoiro
Prezado/a veciño/a:
O vindeiro sábado 21 de novembro, en horario de 9:30 a 14:00 horas, celebraranse no Centro Cívico de Novo Mesoiro unhas Xornadas formativas: Iniciación á Agricultura Ecolóxica en Hortos Urbanos para aquelas persoas que dispoñan de autorización de uso para os hortos urbanos de Novo Mesoiro, tanto titulares como autorizadas.
A idea é poder adquirir coñecementos básicos para poder comezar a cultivar nas hortas urbanas e poidan sacar o máximo proveito e goce do seu traballo.
As persoas interesadas e que lles apeteza aproveitar e gozar destas xornadas, podedes poñervos en contacto connosco ben a través do correo electrónico medioambiente@coruna.es ou vía telefónica a través do número 981 184 337, antes do luns 16 de novembro.
Esta xornada será impartida por dous profesionais de Ecohorto: Estrella María García Abeledo e José Francisco Márquez Caneda, ambolos dous formados no CFEA de Guísamo, e con una ampla experiencia en hortos urbanos. Achégase programa.
Información adicional relativa aos hortos.
Igualmente aproveitamos para comunicar a todas as persoas responsables dos hortos urbanos, que a localización actual das Hortas de Novo Mesoiro é o enclave que semella máis acaido para a construción do novo colexio no barrio, polo que se ofreceu á Xunta esa posibilidade. Mais, mentras non se confirme, as hortas seguirán funcionando igualmente e no caso de avanzar o proxecto da nova escola, procurarase dende o Concello unha nova localización para as mesmas.
Sen máis, confiando que esta proposta sexa do seu agrado, quedamos en espera da súa confirmación
Reciba un cordial saúdo
María García Gómez
Concelleira de Medio Ambiente
Donde puedo ver el programa del curso
Esta é a comunicación que nos madou o concello, terá que porte en contacto con eles, xa que nos non temos máis