Se levará ao Pleno unha moción en apoio á veciñanza de Novo Mesoiro afectada pola supresión das axudas á hipoteca
Se levará ao próximo Pleno, que se celebra o luns vindeiro, unha moción na que explicita que o grupo de goberno e o BNG dan seu apoio ao colectivo de persoas afectadas pola supresión das axudas ás hipotecas de Novo Mesoiro; nela, demanda tamén que toda a corporación se sume na defensa das reivindicacións destes veciños e veciñas, prexudicados desde xuño de 2013 pola Lei de Estabilidade Orzamentaria, que a través da súa disposición segunda lles supuxo a retirada das axudas ás vivendas de protección que tiñan concedidas e en proceso de renovación, e que, como denuncian, lles obriga a volver a solicitar a axuda aos cinco anos da súa concesión, en lugar de renovala.
Na moción, traslada ao Pleno en nome da plataforma de afectados pola supresión da subsidiación das axudas á hipoteca en Novo Mesoiro, pídese unha declaración institucional en favor de retirar esa disposición segunda, en apoio dos intereses da veciñanza deste barrio e das persoas afectadas por esta mesma situación en Eirís e Catro Camiños. Así mesmo, solicítase que ese compromiso se eleve a nivel estatal para que as forzas políticas locais se comprometan a retirar ese apartado da lei en caso de gañar as eleccións xerais, e a devolver as axudas a todos os veciños e veciñas. Do mesmo xeito, a moción pide que se traslade ao Parlamento Galego a esixencia de que a Xunta, no seu papel de xestora destas axudas, abra un novo prazo para presentar documentación e acepte as solicitudes de renovación das mesmas e, en caso de ser necesario, se faga cargo das axudas ata que o Estado as asuma.