AVISO ACTIVIDADE ENTROIDO 2016
CANCELACIÓN ACTIVIDADE ENTROIDO 2016
Ante a proximidade do entroido ( semana do 8-14 de febreiro) e debido as situacións persoais da maioría da directiva da AVV, aprobamos cancelar a actividade da festa de Entroido que viñamos facendo no pavillón estos últimos anos.
A preparación e a realización deste tipo de eventos require unha serie de recursos, de persoral e de tempo para organizalos, dos que neste momento non dipoñemos para esta actividade, polo cal decidimos suspendela ante a imposibilidade de realizarla co mínimo de calidade que exiximos en cada evento noso, e adicar os nosos esforzos noutras labores e proxectos relacionados coas melloras que necesita o noso barrio.
Agradecemos que en cada evento a venciñanza responda participando masivamente nas actividades que realizamos, sempre nos da folgos para continuar. Tamén queremos agradecer persoalmente a labor que realizan @s voluntari@s que traballan con nós na organización destos eventos, gracias a eles, o seu traballo, e o seu tempo, podemos realizar estas actividades.
Temos pendente a realización das festas do barrio para a finais de agosto e necesitamos da participación e traballo de máis xente, para que sexan as mellores festas da cidade.
Por iso facemos un chamamento para que máis xente se implique na AVV, tanto como voluntari@ coma como soci@s, e traballe canda nós.