XUNTANZA COA XUNTA POLAS VIVENDAS DE VPO
Dende a directiva da AVV queremos aclarar o noso posicionamento sobre a xutanza que se tivo hoxe, convocada polo Delegado da Xunta de Galicia Diego Calvo, para nos informar sobre as vivendas VPO do edificio de Ribeira Sacra 15-21.
a) Ante todo queremos mostrar o noso malestar coa actitude previa da Xunta, xa que a convocatoria que fixo por parte dela non poñía que a reunión ía ser en exclusiva sobre posibles desaloxos de varias familias. O noso malestar tamén, por que se avisou previamente a algúns medios de comuniciación sobre o contido da reunión e non @s propios convidad@s, e por que tamén se chamou despois a prensa e demais medios, cun caracter claramente propagandístico, en vez de asumir por parte da Xunta, a dilixencia e cautela necesaria que merece esta problemática para a sua resolución.
b) Que a problemática da convivencia deste edificio levase arrastrando xa máis de 5 anos, onde a Xunta de Galicia é propietaria da maioría dos pisos. Que é unha problemática complicada, e que a sua solución pasa por un compromiso por parte das distintas administracións (Concello e Xunta) no control e seguimento da convivencia, e que non se pode pretender lavar a cara, simplemente adoptando unha medida de desaloxo contra varias da familias, as cales non son o maior dos problemas que ten @s veciñ@s deste edificio, e no canto, non asume outras medidas que si servirían para ir arranxando as cousas.
c) Que a AVV actúa como enlace entre os propietari@s afectad@s e as administracións, e en ningún momento, vai participar nin entrar nas disputas entre as distintas institucións, xa que ese non é o camiño para buscar unha solución.
Por iso pedimos unha:
1- Implicación e compromiso público do Concello como responsable dos baixos e dalgunhas das vivendas, asi coma o responsable dos asuntos sociais da nosa cidade. Que rehabilite os baixos e que se cordine co IGVS para o control e seguimento do edificio.
2- Implicación e compromiso público da Xunta, para facer o seguimentos e controles necesarios @s veciñ@s de alugueiros que teñen nas suas propiedades, asi coma no pagamento das cuotas de comunidade, xa que acostuma a deber cantidades enormes o que conleva que o mantenimiento do edificio non se podar realizar con regularidade e que se incremente o seu custo. Tamén que sorte as vivendas baleiras que teñen, a xente con diferentes perfiles sociais para que se normalice a convivencia.
3- Que ambas administracións participen na Comisión de Seguimiento creada en decembro deste ano pasado, participando e informando dos avances e das problemáticas que vaia xurdindo para buscar unha solucion conxunta. .
4- Que haxa un compromiso público por parte da duas adminstracións (Xunta e Concello) a non tratar este tema como unha disputa entre elas e que se senten se cordinen co fin de buscar unha solución xa.
Aclarar un poco mas el tema porfavor, porque no entiendo nada.
Llevamos días, casi semanas leyendo que la Xunta va a expulsar a las familias problemáticas. Y no estoy entendiendo si es que no las va a expulsar, si lo va a hacer y no os gusta el formato, o no se. Enserio no es crítica, es simplemente que no entiendo el problema porque el comunicado no aclara donde esta la discrepancia con la Xunta.
Nuevamente y lo dije con el PP y lo digo con La Marea, creo que el concello poco puede hacer en este tema, y únicamente dar apoyo, llamemos moral y logístico a la situación.