SO UN COLEXIO PUBLICO PARA O NOSO BARRIO

DENUNCIA

A directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos denunciar que:

Na distribución dos colexios públicos para as novas solicitudes de escolarización dos nen@s do noso barrio deste ano, só nos corresponde o Manuel Murguía como  ÚNICO COLEXIO PÚBLICO, dentro da zona de influencia marcada pola Xunta e o Concello. Colexio con só 25 prazas por curso.

Parece ser que estos técnicos da Xunta de Galicia e do Concello non entenden que somos o barrio con máis nacementos de toda A Coruña e aréa metropolitana, que somos o barrio con máis nen@s en idade  para escolarizar, e que somos o barrio con mais demanda de prazas nos colexios.

Tamén, parece ser, que están a facendo caso omiso da campaña que dende o ANPA do Salgado Torres están a levar para introducir  o colexio dentro do área de influencia e poder ter un BUS ( algo básico e normal ), colexio, por certo,  que ten moitos nen@s do noso barrio. E non só fan caso omiso senón que por riba quitaronno da area limtítrofe, pasando o Alborada como limítrofe e non de influencia.

QUERENNOS VACILAR OU QUE!

zona influencia PUBLICOSDende a directiva da AVV queremos recalcar que tenemos, como barrio, e cidadáns,  o dereito a cubrir unha NECESIDADE BÁSICA  como é a educación pública, a de ter un COLEXIO PÚBLICO  con prazas e instalacións adecuadas a demanda do barrio,  e  non a de ter que acudir a centros concertados para escolarizar @s nos@s nen @s; onde se cobra pola ensinanza pública, por que se cobra, de forma indirecta e con coñecemento da Xunta, ben sexa con donativos, con pago de  actividades, aportacións voluntarias etc e sempre cun caracter casi obrigatorio.

Como barrio temos solicitado a creación dun Centro Publico de Integrado, algo que urxe construir o antes posible, e parece ser que as argucias legais da Xunta está a paralizar isto,  e que a demora pode levar que o Colexio non se empece a construir este ano. Temos solicitado varias xuntanzas por rexistro con representantes da Xunta de Galicia e polo de agora non temos constestación.

Por iso solicitamos públicamente:

A) Unha reunión entre o Concello, A Xunta de Galicia ( representantes de Educación) e a AVV e representantes das nais/pais do barrio para:

  • 1) Para pedir explicacións nas modificacións das áreas de influencia e limítrofes do noso barrio,  e para que se poidan intruducir as modificacións necesarias para que tanto el Alborada como el Salgado Torres estean dentro desa aárea de influencia mentras non se constrúe o novo colexio, e asi poder compartir  os buses entre os dous colexios.
  • 2) Para pedir información de como está este proceso da construcción do novo Colexio,  onde  se vai construir,  que se quere construir e porque se está a dilatar este tema.