ASAMBLEA EXTRAORDINARIA AVV

Estimada/o socia/o:

Pola presente se convoca a Asamblea Extraordinaria a tódalas persoas socias da Asociación de vecinos de Novo Mesoiro que terá lugar o vindeiro sábado 19 de marzo, no centro cívico, as 11:00 en primeira convocatoria e as 11:30 en segunda convocatoria, con un único punto da orde do día:

  1. Modificación dos estatutos da Asociación de Veciños

Despois de moito estudiar e mirar este asunto, entendemos que é urxente e necesario actualizar e adaptar os estatutos da nosa asociación á normativa vixente (Lei Órganica 1/2002 , R.D. 1497/2003, RD 949/2015, RD 1720/2007 de 21 de diciembre de desarrollo de la Ley Orgánica de Protección de Datos….), hai que modernizalos dado que temos diferentes clases de persoas socias e estatus, hai que cambiar algúns erros que existen, e, hai que adaptalos ao momento no que está a AVV e o barrio.

Para poder ver as modificacións e o estatutos orixinais podes descargalos nestes enlaces que se adxuntan:

Estatutos vixente:

https://drive.google.com/file/d/0B9bHc1tQ_59hUEZGUzBHVndwUkk/view?usp=sharing

 

Proposta modificación dos Estatutos:

https://drive.google.com/file/d/0B9bHc1tQ_59hNXI2ZHJOMzVqeTQ/view?usp=sharing

 

Como se pode comprobar a maior parte das modifiacións son adaptacións de xénero, unha maior definición do que son os diversos tipos de persoas socias que existen dentro da AVV e un flexibilización para que haxa unha maior participación dos asociados e asociadas no traballo diario da AVV.

 

Recórdase a todas as persoas socias que o dereito a voto se reserva a todos aqueles que estén ó corrente do pago de cuotas.

 

Para calquer consulta, pregunta ou aclaración dirixirse a: avv@novomesoiro.com.

unnamed