A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha o programa anual de limpeza e corte de maleza en 26 zonas distintas da cidade
A Concellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha o programa anual de limpeza e corte de maleza, que busca eliminar a vexetación cuxo crecemento poida entorpecer tanto a visibilidade como a accesibilidade en zonas urbanas e periurbanas do concello. Este plan acostuma a desenvolverse cada ano durante os meses de primavera e verán, e tamén é unha forma de evitar focos onde se poderían xerar lumes. O citado programa, que arrincou xa o pasado venres, desenvolverase en 26 ubicacións distintas da cidade.
En concreto, ao longo deste mes de abril, activarase nas zonas de EirísUxío Carré (onde os operarios que levarán a cabo estas tarefas de limpeza estarán até o día 7); VismaLoureiro (do 8 ao 12 de abril); BensPenamoa (os días 13, 14 e 15 de abril); VentorrilloA Silva (16 e 18 de abril); no barrio dos Mallos (días 19 e 20); Os Anxos (21,22,23,25 e 26) e MesoiroFeáns (nas xornadas do 27, 28 e 29 de abril e o 2,3 e 4 de maio).
Entre os meses de maio e xuño tamén se actuará na zona das Xubias, Castrillón, Castro de Elviña, Nostián, Palavea, Os Castros, AtochasMonte Alto, Oza, Matogrande, Gaiteira, Labañou, PeruleiroMariñeiros, Santa Margarita, PortiñoCampanario, Barrio das Flores, Monelos, Riazor, Zapateira e Sagrada Familia.
Así se completará o primeiro período de desbroce e limpeza, que se volverá a repetir nunha segunda fase, entre os meses de xuño e agosto, e nunha terceira entre agosto e setembro, nos mesmos barrios.
Os operativos encargado de realizar estas tarefas de limpeza traballará nos días sinalados en dúas quendas de 07.00 horas a 14.00 e de 14.00 a 20.00 horas, de forma que a retirada da maleza quede asegurada de cara a entrada da época cálida.