Cupo fechado en Pediatría no Centro de Saúde de Novo Mesoiro

Dende a directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos denunciar que o barrio de novo mesoiro ten un recorte máis nun servizo público tan básico como é a asistencia en pediatría para os novos nacementos do barrio.
Desde o pasado mes de decembro, no centro de saúde do noso barrio non aceptan máis altas novas en pediatría. Isto supón que se tes o teu primeiro rapaz/a terías que buscarte outro centro de saúde na cidade que cho poida coller, coa única excepción que manteñen para aceptar mais nen@s e se tes un/unha fill@ maior con alta no centro de saúde, xa que teñen a obrigación de aceptar o nov@ irmá/an no mesmo centro.
O Centro de Saúde de Novo Mesoiro ten como área de influencia os barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, e a Urbanización Breogán, o que supón mais de 12000 persoas, con máis de 1800 nen@s empadroados. Para toda esta xente só temos 2 médicos de familia, 1 Pediatra e 3 enfermeiras (unha de pediatría) , e non hai matrona ( e iso que somos o barrio con máis nacementos de toda a provincia e Galicia), e todo so na quenda de maña . Isto provoca que moita xente destas zonas afectadas, teñan que apuntarse noutros centros de saúde para que poida compatibilizar co seu traballo as posibles asistencias aos médic@s. Se a isto sumámoslle que non se pode apuntar a mais nen@s en pediatría, e que por riba a solución que te dan e que te busques ti o centro de saúde, vemos claramente un recorte social neste servizo público básico por parte da Xunta de Galicia.
Esta situación parécenos bochornosa, somos o barrio que máis nacementos temos (mentres a natalidade baixa en toda Galicia en Novo Mesoiro crece) , que mais nen@s en idade escolar hai de toda a cidade, un barrio en crecemento de poboación, e somos os que menos servizos públicos nos asinan dende as distintas administracións (recordamos tamén que non temos servizo público de transporte directo a outro centro de saúde ,ao CHUAC, ou a centros con especialistas médicos, debendo facer varios transbordos para chegar a eles).
Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos demandando a Consellería de Sanidade que se aumente servizos do Centro de Saúde por qué non chegan para a demanda que temos e provoca que moita xente do barrio teña como centro de saude outro da cidade. Un centro de saúde que é totalmente novo, cunha planta enteira baleira, sen ningún uso, e con espazo para poder dar moitos máis servizos @s veciñ@s.
Por isto dende a AVV pedimos publicamente o apoio de todas as forzas políticas da cidade que nos representan no concello, pedíndolles o seu compromiso de defender publicamente esta demanda básica para o noso barrio.
Tamén pedidos unha reunión urxente cos representantes da Consellería de Sanidade para que expliquen @s veciñ@s cales son as causas de estas carencias e cales van a ser as solucións que propoñen.
A noticia correu pola rede e xa temos o comunicado de prensa do concello e o que está a sair hoxe nos medios






A resposta da Consellería aos medios é que non hai pediatras suficientes , que forma de tomarnos o pelo os veciños, que abran prazas, será por médicos que queren traballar. Isto non se pode permitir http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/04/14/sergas-alega-carencia-pediatras-justificar/1059931.html