LOCAIS MUNICIPAIS DE RIBEIRA SACRA

avv

LOCAIS MUNICIPAIS DE RIBEIRA SACRA

A  directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos facer unha consulta a veciñanza do barrio sobre os usos que se poden dar aos  3 locais municipais que hai en Ribeira Sacra 15 -19. Esta consulta, foi formulada por nós,  na reunión que tivemos cos técnico municipais o 13 de abril, co fin de buscar uns unha utilidade que reverta  noso barrio.

Así, quedamos en pasarlle aos técnicos aquelas suxestións que dende a directiva tiñamos apuntadas e tamén as que @s veciñ@s do barrio crean convenientes e necesarias.

Por iso solicitamos que nos comuniquedes, ben sexa por email (avv@novomesoiro.com), ben sexa contestado neste blog ou no facebook, o  que credes que destinos serían bos para eses locais e nos trasladaremos as vosas propostas ao Concello para que eles decidan cales son as mellores que se adaptan as necesidades vs inversión.

                Enumeramos algunhas das nosas propostas que temos pensado:

  1. Creación dunha pequena biblioteca, cunha zona de recollida e entrega de libros dependendo este espazo das bibliotecas municipais. Con isto queremos solicitar, non caso de que non chegue o espazo para crear unha biblioteca, dado existe uns metros e ratios mínimos, e mentres non se crea unha para o barrio, que se dote dun espazo ou despacho onde se podan solicitar e recoller libros das bibliotecas municipais, e se teña un pequeno número de libros, xornais etc.
  2. Un aula de informática e redes, para que a xente poida ter acceso gratuíto e con equipos, igual que nas bibliotecas municipais
  3. Un sala grande que se pode destinar a varias cousas :
  • Reunións pola tarde das comunidades de veciñ@s do barrio para as súas reunións ordinarias.
  • Para facer cursos de formación para desempregado.
  • Para facer cursos para rapaces ( tipo idiomas, reforzamento de estudos etc)
  1. Pequena oficina da policía local e de rexistro do concello (parecido o do Forum Metropolitano)
  2. Sala para facer actividades do centro cívico, para ampliar as ofertas e prazas ( poden ser actividades deportivas, obradoiros, actividades culturais etc)
  3. Oficinas para o uso de entidades sociais sen ánimo de lucro que realicen as súas actividades no barrio e na contorna.