Accidente na rúa Illas Sisargas a maña do sábado

Unha SAÍDA DE VÍA ocorrida ás 05:40 horas de onte na rúa Illas Sisargas 1, no que un turismo perdeu o control do vehículo nun tramo curvo da vía, chocando contra un farol. O condutor, un coruñés de 30 anos, presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de alcoholemia legalmente establecidas, arroxando resultados positivos (0.76 e 0.80 mg/l de aire expirado), polo que se tramitan dilixencias ao Xulgado por un presunto delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía foi retirado da vía por un guindastre particular.