O Punto Limpo Móbil instalarase o día 31 de maio en Illas Sisargas
A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do servizo do Punto Limpo Móbil para o mes de maio, no que se achegará até a 9 ubicacións distintas da cidade. Desde hoxe e até o xoves 5 instalarase na praza da Elíptica dos Rosales, mentres que o venres 6 e sábado 7 atoparase no barrio dos Castros, en concreto no número 5 da rúa Claudio San Martín. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.
A vindeira semana, os días 10, 11 e 12 o Punto Limpo Móbil situarase na praza Pablo Iglesias, e nas xornadas do venres 13 e sábado 14, en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark. O día 17, por ser festivo, o camión non estará operativo, pero os días 18 e 19 instalarase en Vioño, e o 20 e 21 de maio na praza Luís Seoane, en Novos Ministerios. Nos seguintes días, o servizo estará dispoñible para a veciñanza do 24 ao 26 na praza da Audiencia Provincial (r/ Capitán Juan Varela), e na fin de semana do 27 e 28 no Campo de Marte. Finalmente, o Punto Limpo Móbil instalarase o día 31 de maio en Illas Sisargas (Mesoiro).
Ca cantidade de carencias, problemas e deixadez que temos por parte das administracions que temos incluida a local(que sigo sin ver donde está a diferencia que hay co o goberno local anterior) o do punto limpio nos la trae floxa
O punto limpio nos importa un huevo