Recollidas de asinaturas Centro de Saúde
Adxuntamos o texto para a recollida de asinaturas que realizaremos polo barrio para solicitar a XUNTA a creación dun turno de tarde no Centro de Saúde de Novo Mesoiro
Todas aquelas persoas que queiran firmar poden pasar polos establecementos do barrio que teñan o texto pegado na súa cristaleira.
Tamén se querdes colaborar na recollida de asinaturas podédesnos pedir a documentación a traves do noso email avv@novomesoiro.com
«Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos solicitando a dirección do SERGAS, e no seu caso a dirección da Xunta de Galicia – Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde, a creación dunha quenda completa de tarde no Centro de Saúde de Novo Mesoiro, centro que acolle a todos @s veciñ@s de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, Urbanización Breogán, POCOMACO e as Rañas.
Como ven saben, a tanto a dirección do SERGAS como da Xunta de Galicia, vivimos nuns barrios afastados do resto da cidade, onde calquera desprazamento a outro centro de saúde supón a necesidade de movernos no coche, ou de empregar a rede pública de transporte utilizando transbordo cando menos de 2 autobuses, xa que non temos posibilidade de acudir a outro centro de Saúde a pé, supoñendo un agravio fronte outr@s veciñ@s da cidade.
A falta dunha quenda pola tarde supón que moit@s veciñ@s decidan non trasladar a súa tarxeta ao centro de saúde do barrio por incompatibilidade horaria, e se a isto se lle suma que non hai unha matrona e so un pediatra, cunhas listas de espera as veces de máis de 7 días fai que os datos que manexa o SERGAS en solicitudes non sexan reais, e que a demanda sexa moito maior da que existe, polo que a excusa de falta de solicitudes que din non se acorda coa realidade, a parte é o único centro de saúde da cidade que so ten unha quenda de traballo.
Se a isto sumamos que somos o barrio con mais nenos en idade escolar con mais de 1800 e cunha media de idade total que non sube dos 33 anos, NON PODEMOS ACEPTAR que so exista unha quenda no noso centro de saúde, con 2 médic@s ( que acostuman a cambiar a cotío), 3 enfermeiras ( 1 de pediatría) e 1 pediatra, para máis de 8000 posibles usuarios.
Por iso os abaixo asinantes solicitamos a XUNTA de GALICIA, e no seu caso, a CONSELLERÍA DE SANIDADE que:
A creación doutra quenda de tarde para o Centro de SAUDE de NOVO MESOIRO cun equipo de medic@s, enfermeir@s, matronas e pediatr@ para atender @s veciñ@s do barrio»
Por qué non facedes outra recollida por change?
Boa idea, farémolo
muy interesante
Feito, colgámolo en Change.org inda que as firmas polo barrio son moi importantes xa que se visualiza mellor por parte dos políticos a participación d@s veciñ@s
https://www.change.org/p/conseller%C3%ADa-de-sanidade-xunta-de-galicia-unha-quenda-de-tarde-no-servizo-do-centro-de-sa%C3%BAde-de-novo-mesoiro?recruiter=537110390&utm_source=share_petition&utm_medium=copylink?recruiter=537110390&utm_source=petition_show&utm_medium=copylink