CONVOCATORIA: Para informar en que proceso se atopa a construcción do novo Colexio no noso barri

Dende a directiva AVV de Novo Mesoiro queremos convocar a todos/as os/as veciños/as do barrio e arredores, a xuntanza que teremos o vindeiro XOVES 19 as 19:30 NO CENTRO CÍVICO DE NOVO MESOIRO para informar en que proceso se atopa a construcción do novo Colexio no noso barrio.

Depois do anuncio por parte da Xunta fai xa 6 meses da construcción dun Colexio no noso barrio, non temos máis noticias deste proxecto, non sabemos dos prazos para a súa construcción, nin que tipo de centro van realizar, nin onde é a ubicación final etc, poderíamos dicir que o asunto está paralizado e se tería que ter rematado antes do curso 2017-2018. A túa presenza é necesaria para facernos escoitar.