PETICIÓN DE AMPLIACIÓN DO HORARIO DA OFICINA DE CORREOS DO BARRIO
Asociación Veciñal de Novo Mesoiro reclama o incremento do horario da oficina de correos do barrio.
A entidade veciñal vén de recoller numerosas queixas da veciñanza que considera os horarios de atención ao público moi escasos
A asociación veciñal de Novo Mesoiro vén de
facer pública a reclamación do aumento do horario da oficina de correos do barrio que na actualidade presta atención aos núcleos de poboación de Mesoiro, Novo Mesoiro, Feáns, Vío, As Rañas e Urbanización Breogán, ademais do Polígono de Pocomaco.
Durante as últimas semanas foi varía a veciñanza que lle trasladou a entidade a queixa dos horarios de atención ao público que hoxe en día ten esta oficina.
De feito a oficina ofrece atención á veciñanza só de mañá, de 9.00 h a 14.00 h por semana, de luns a venres, e tamén só de mañá, mais só de dúas horas, 10.00 h a 12.00 h, os sábados.
«Hai moitos e moitas veciñas que non poden recoller os certificados ou as notificacións que necesitan ser asinadas xa que só existe en toda a semana un horario de mañá, incompatíbel co seu horario de traballo. Cremos que isto debe ser mudado e que Correos amplie e o horario ás tardes», sinalase desde a asociación veciñal.
Pues habrá ampliado horario este último mes,por que era de 9:30 a 13:30h de lunes a viernes. Ni un minuto más!! Y el sábado de 10 a 12..…..súper accesible
Sí por favor… Los que no estamos en ese horario en ocasiones hemos perdidos paquetes..
O recibos importantes ya que no tengo disposición de ir..
Yo ya había hecho una reclamación.. A correos y me habían respondido..
Comentando que estaba de prueba.. Y según la cantidad de gente se abrirá…
Y que por el porcentaje de la comunidad el mejor horario era ese..
Yo de verdad no lo entendí..
Pero bueno..
Espero que lo amplíen..
Yo firma..
Hace falta…
Gracias
Menos mal que a Asociación estase a facer cargo de esta demanda. Como veciño de N mesoiro agradécese que sigades adiante con esto.
E agora en Semana Santa pechado cinco días seguidos!!