TEMOS BOAS NOVAS

Dende o Concello nos trasladan:

No contexto da celebración das Festas de María Pita, o servizo municipal de Mobilidade ten previsto un dispositivo especial para reforzar o transporte público pola cidade.
Neste sentido, e con vistas ás Noites de María Pita, disporanse cinco liñas de autobús (1; 1-A; 3; 6; e 21) para cubrir os percorridos de volta aos barrios, partindo desde Porta Real. Ademais, e en paralelo, o servizo de BiciCoruña, renovado a mediados de xullo, ampliará o seu horario de uso ata a unha da mañá.