O presidente da Xunta anuncia a licitación do último treito da Terceira Rolda de circunvalación da Coruña por valor de 50,1 millóns de euros

Así o publica hoxe o Diario Oficial das Comunidades Europeas Destaca que é unha das actuacións máis importantes coas que culmina o ano e que contará cun prazo de execución de 24 mesesSantiago de Compostela, 30 de decembro de 2008.- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou hoxe a licitación do terceiro e último tramo da Terceira Rolda de circunvalación da cidade da Coruña, que contará cun investimento de 50,1 millóns de euros.

Así o destacou hoxe, na rolda de prensa posterior ao último Consello de Goberno deste ano, onde presentou un balance de seguimento das medidas de dinamización económica levadas a cabo polo Executivo galego.
Segundo Touriño, este ano culmina cunha actuación moi importante como é a publicación hoxe no Diario Oficial das Comunidades Europeas da licitación do terceiro e último treito da Terceira Rolda de circunvalación da cidade da Coruña, que vai desde a estrada vella de Arteixo ata o polígono de Pocomaco.
Trátase, dixo, dunha actuación «moi potente» que contará cun investimento de 50,1 millóns de euros, e un prazo de 24 meses de realización que culmina o conxunto desta infraestrutura de circunvalación á Coruña.

 

Croquis del tramo licitado de la tercera ronda. No es el plano exacto
Croquis del tramo licitado de la tercera ronda. No es el plano exacto