Normalización Lingüística programa un ciclo de cine infantil en galego

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística organiza no primeiro trimestre de 2009 e en colaboración co Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e a CRTVG, un ciclo de cine dirixido aos máis pequenos da casa.

Todos os sábados de xaneiro, febreiro e marzo, a partir das 18 horas, proxectarase unha película de temática infantil na sede do MACUF da Coruña. A concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, sinalou que a actividade ten por obxectivo ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante as fins de semana.

A edil explicou que a concellaría trata así de dar resposta a unha demanda reiterada dende as familias e os colectivos de ensino. «Intentamos ofrecer unha programación que incorpore títulos máis tradicionais, como Astérix ou Tintín, con outros de nova creación como As Super Nenas».


Descarga o dosier: aqui