Noite de estrelas no Castelo de San Antón.

A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Agrupación Astronómica convidan a todos os coruñeses e coruñesas a unha sesión de astronomía urbana nun espazo privilexiado, o Castelo de San Antón, para celebrar a chegada do 2009, designado Ano Internacional da Astronomía pola Organización das Nacións Unidas.

Fotografia de Perdidoenlared.
A cita é o vindeiro venres 2 de xaneiro a partir das 20 horas: unha noite para gozar do ceo a simple vista coa axuda dos membros da Agrupación Io e recoñecer as constelacións e os planetas que protagonizan as primeiras horas da noite, e mirar algúns obxectos singulares a través do telescopio. Todos os asistentes recibirán ademais como regalo un exemplar da «Guía do ceo 2009» editada pola Concellaría de Cultura e os Museos Científicos Coruñeses.