Atención, el Lunes 9 podría no haber clase.
A continución adjuntamos un correo que han colgado en el blog de Los Rosales por el que, desde la Concellería de Educación, nos alertan sobre la posibilidad de que el Lunes día 9 no haya colegio debido a la entada de otro temporal en nuestra Comunidad.
COMUNICADO DA SECRETARÍA XERAL .
Tendo en conta as adversas condicións meteorolóxicas que veñen afectando á nosa comunidade autónoma e a imposibilidade de coñecer a evolución das predicións meteorolóxicas con suficiente antelación, recoméndaselles a todos os equipos directivos un atento seguimento das novas que ao respecto se poidan subministrar, particularmente a través de:
a) As mensaxes que dende a consellería poidan enviarse ás direccións de correo electrónico dos centros educativos.
b) A información da páxina web da consellería de Educación.
c) A información que a consellería difunda a través dos medios de comunicación.Este seguimento é especialmente importante nas tardes dos domingos dada a dificultade de realizar os venres previsións precisas cara a xornada do luns.
De igual maneira agradeceriámoslles que informasen ao resto da comunidade educativa da conveniencia de estar atentos ás novas que a consellería poida transmitir a través dos medios de comunicación social e da paxina web da conselleríahttp://www.edu.xunta.es.
O Secretario Xeral
Benito Fernández Rodríguez