A las 19:30 horas educación decidirá si mañana hay clase o no.
A Dirección Xeral de Protección Civil aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección ante un novo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento.

As consellerías de Presidencia e Educación xa fixeron un preaviso a tódolos posibles axentes implicados e colexios, que será ratificado esta tarde ás 19,30 en función dos partes meteorolóxicos

Prevense refachos de máis de 100 km/h, o que se corresponde cun nivel de alerta laranxa

A Dirección Xeral de Protección Civil recomenda á poboación evitar desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou en construción