Cine gratis no CGAI. 14 de Febreiro as 18:00 horas.

CGAI Júnior. A Filmoteca para os máis novos
O programa para este sabado día 14, consta dunha escolma de catro curtas e despois ,unha curta de animación en plastilina.De 35 e 11 minutos respectivamente.

FÁBULAS FRENÉTICAS / LES FABLES EN DÉLIRE
(Bélxica-Francia, 2003-2005)
Dirección e guión: Fabrice Luang-Vija, Cécilia Marreiros. Produción: C.R.R.A.V., Digital Graphics, Frago Dynamo, La Boîte e Les Films du Nord. Duración: 35 minutos.
Programa composto por 4 curtametraxes de animación sen diálogos que narran encontros improbables baixo un sol de xustiza, unha tormenta de neve ou un chuvasco… De gran colorido, cheas de humor e de inxenuidade, estas Fábulas frenéticas son unha burla ás inclemencias da vida. Dúas pezas dirixidas por Luang-Vija (Fábulas Frenéticas I e II) e dúas por Cécilia Marreiros (Bonhommes e Lunolin, el pequeño naturalista), no primeiro caso convertidas nunha mestura de La Fontaine e Tex Avery, con tres animais de diferente orixe (a selva, a granxa e o bosque) que teñen encontros divertidos e “absurdos”; no segundo como un universo diferente e delicado cheo de inventiva que describe historias de aprendizaxe.

A ESCOLA DAS AREAS
(España, 2002)
Dirección e guión: Tomás Conde e Virginia Curiá. Produción: Algarabía Produccións e Lúa Films. Duración: 11 minutos.
Nunha viaxe a Pontevedra Frei Martín Sarmiento discute cun mestre castelán falante sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que lle pode ensinar a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.

Rúa Duran Loriga  nº10