Un ejemplo de SOLIDARIDAD…

 

El actual campeón de la categoría de socios de la I Carrera Popular de Mesoiro en Marcha, nos dió un ejemplo de solidaridad…

 

          Jose Manuel Corral
Jose Manuel Corral

 

    José M. Corral, xuíz e atleta do atletismo galego participou o día 23 na media maratón do Sahara entre as localidades de Auserd e Smara, antigas cidades españolas, esta última a terceira en importancia tras O Aaiún e Vila Cisneros. A carreira desenvólvese a través das pistas existentes no deserto, suxeitas a constantes variacións debido á mobilidade das dunas provocada polos ventos (siroco) ás veces extremadamente fortes e perigosos.

                                    Carreira solidaria 

  A maratón do Sahara é unha carreira solidaria que ten como obxectivo a concienciación e mobilización internacional diante dun conflito que dura máis de 30 anos, desde que o pobo saharauí foi inxustamente abandonado. Cada participante custea a súa participación, co que axuda ao pobo saharauí.