Cacerolada en el Agra

Nos envían este comunicado desde el Agra do Orzán y nos ha parecido bien que lo supierais, porque es posible que muchos tengais familia en el Agra, seais de allí, o simplemente querais tener una ciudad más verde, porque la ciudad es cosa de todos.

Plataforma polo Parque da Agra convoca a todos os veciños e veciñas da Agra do Orzán a unha cacerolada que se celebrará o sábado día 7 de marzo á 1 da tarde (13 horas) na porta do Observatorio Meteorolóxico (Rúa Canceliña).
Poderán levar cazolas, potas, tixolas, asubíos, calquer aparello co que se poida facer ruído.
Deste xeito reivindicaremos unha vez máis, antes do pleno municipal que se celebrará o luns día 9, que non queremos que se constrúan vivendas na zona do Observatorio. Estes terreos, moitos deles públicos -os correspondentes ao Observatorio-, deben conformar a zona verde que necesita o masificado e degradado barrio da Agra do Orzán. Este proxecto aínda non recibiu o visto bo do Ministerio de Medio Ambiente, do que dependen eses terreos públicos. Queremos manifestar a nosa oposición máis radical a que se consume este enorme «pelotazo». Este asunto nestes momentos está en mans da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e na oficina do Valedor do Pobo.
O Concello da Coruña nunca quixo manter calquera tipo de diálogo. Tampouco realizou ningún tipo de contacto nin achegamento a nós a nova concelleira de Urbanismo Obdulia Taboadela desde a súa toma de posesión.