Aberto o prazo para as actividades de Noitenova e Andarela

 Aberto o prazo para as actividades de Noitenova e Andarela

Esta fin de semana comezan as actividades da 3ª edición de Noitenova. Este é unha programa que a Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística desenvolve en colaboración con diferentes entidades da cidade.

 As actividades van dirixidas a mozos/as de 14 a 30 anos. Son de balde e hai que inscribirse a través da páxina web http://www.coruna.es/nex . Na primeira fin de semana de Noitenova desenvolveranse as seguintes actividades:

 
 

O venres 13 de marzo:

 
 

·   19.00 h Conversas en… portugués na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

·  19.00 h Torneo de Xadrez en ASCODI (CC de Lavañou)

·  19.00 h Storyboard contar con imaxes no Forum Metropolitano

· 20.00 h Deseño dixital con ferramentas libres no Forum Metropolitano

·   20.00 h Malabares con bolas e mazas no Forum Metropolitano

·    20.00 h Video Forum «Cento por cento feito de lixo» na Casa Museo Casares Quiroga

·  21.00 h Radio e creatividade no Forum Metropolitano

·   22.45 h Etz limon, de Eran Riklis na Sala Marilyn Monroe do Forum Metropolitano

·    23.00 h Le fantôme de la liberté, de Luis Buñuel na Sala Fernando Rey do Forum Metropolitan

O sábado 14 de marzo:

 
 

·     17.00 h Ferramentas libres para crear vídeos na rede no Forum Metropolitano

·     19.00 h Obradoiro de Clown no Centro Xuvenil Abeiro

·     19.00 h Coas mans na masa na AAVV da Agra do Orzán

·     20.45 h Malabares con bolas e mazas no Forum Metropolitano

 
 Detro do programa de rutas guiadas Andarela, está aberto o prazo para a primeira saida até o 15 de marzo, que se desenvolverá por Terras do Miño o sábado 21 de marzo. Esta actividade é de balde previa inscrición na web http://www.coruna.es/nex e vai dirixida a mozos e mozas de entre 14 a 30 anos

Nova enviada por: Ermitas Valencia Romar Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística.