xuntanza do Foro da Mocidade este xoves, día 12, ás 19.00 h, no Fórum Metropolitano
A Concellaría de Mocidade do Concello da Coruña vai convocar unha nova xuntanza do Foro da Mocidade este xoves, día 12, ás 19.00 h, no Fórum Metropolitano.
O Foro da Mocidade é un órgano de participación xuvenil aberto á mocidade, entidades de carácter xuvenil ou que dirixan a súa actividade, ou parte dela, aos mozos e mozas da cidade da Coruña, que ten por obxecto facer chegar as opinións, inquedanzas e necesidades da mocidade; consultar, analizar e debater as políticas xuvenís do Concello da Coruña; e asesorar e propor medidas e accións.
Esta nova xuntanza terá coma orde do día:
1 Avaliación da Ordenanza para regular a convivencia e o lecer nos espazos públicos
2 Presentación da terceira edición Noitenova e do proxecto Andarela