O sábado 9 de maio ás 11.00 horas no Novo Mesoiro (rúa Os Ancares) arrancará o programa 'O galego medra contigo'

O sábado 9 de maio ás 11.00 horas no Novo Mesoiro (rúa Os Ancares) arrancará o programa ‘O galego medra contigo’, e percorrerá 6 espazos da cidade os sábados, ate o 13 de xuño.

 

As actividades están dirixidas a toda a familia e todas serán de balde.

 

O programa inclúe dende unha carpa para celebrar que ‘O galego está de festa’ e que visitará os distintos barrios da cidade, até concertos, conferencias, sorteos de libros en lingua galega, teatro, presentacións de libros…

 

Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística, o seu obxectivo céntrase en chegar aos máis pequenos nos que «tamén está o futuro do noso idioma»e busca conmemorar que temos «unha lingua viva, culta e con futuro».

Tedes información nos comercios do barrio.