Ya se sabe quienes tendrán ayudas para los libros de texto en el próximo curso.

Ayer la Xunta de Galicia ha hecho públicos los baremos por los que las familias gallegas pordrán tener ayudas para la compra de los libros de texto el próximo curso.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará as familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. O sistema de «gratuidade solidaria», concibido para que as rendas máis altas e desafogadas contribúan solidariamente coas máis necesitadas, é o que máis cartos aporta por alumno en toda España.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar ¿ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar ¿ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente a metade do custo. Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.

Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Os libros de 1º, 2º e Educación Especial xa se renovaban todos os anos e este curso tocaba cambiar os de 5º e 6º.

O programa actual de préstamo continuará vixente mentres dure a implantación do novo sistema, polo que os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes correspondentes no mes de setembro.