GRIPE A(H1N1): COMO EVITAR CONTAXIARSE OU CONTAXIAR

Información obtida da páxina web do SERGAS.

A Consellería de Sanidade dispón do teléfono de información 902 400 116 para clarexar calquera dúbida sobre esta nova gripe.

Recomendacións:

Lavarse as mans con frecuencia: ¡A lavarse as mans! Esta é a principal medida de hixiene.

As gotiñas que se emiten ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans onde o virus pode sobrevivir uns minutos (menos de 5 minutos): por iso é importante o lavado de mans.

Tamén poden depositarse en superficies (de mobles, tiradores de portas, obxectos, etc) onde o virus pode permanecer de horas a días: por iso é importante limpar máis frecuentemente (a diario) estas superficies cos produtos de limpeza habituais.

Taparse a Boca e nariz ao tusir ou esbirrar e evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca. Boca e nariz tapadas ao tusir ou esbirrar.

 
Outras Medidas:

Se está con gripe: quede na Casa 7 días

Se non ten gripe e é época de gripe: evite os lugares onde haxa moita xente, xa que é máis fácil contaxiarse, especialmente se pertence a un grupo de risco.

Durma ben, teña unha alimentación saudable, beba auga, leve unha vida fisicamente activa e evite as bebidas alcohólicas e o tabaco.

Se ten síntomas da Enfermidade contacte cos servizos sanitarios a través do número de emerxencias sanitarias 061

 
Para máis información:

http://www.sergas.es

http://www.galiciasaude.es/gripeAH1N1

http://www.msc.es/

http://www.who.int/csr/disease/swineflu/en/index.html

http://www.cdc.gov/h1n1flu/