Ya no hará falta la copia del DNI, ni el certificado de empadronamiento en los procedimientos de la Xunta
Una buena noticia sin duda para facilitar los trámites a los ciudadanos. ¿A quién no le ha pasado llegar a presentar los papeles y que le falte la fotocopia del DNI o la de su pareja? Pues eso se va a acabar tal y como comentan desde la propia Xunta de Galicia:
Desde o día 30 de setembro xa non é necesario entregar copia do Documento Nacional de Identidade (DNI) nin do certificado de empadroamento nos procedementos administrativos incluídos na Guía do Cidadán e para os que ata o de agora a presentación de ambos documentos era indispensable.
Así o indica unha Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que desenvolve ao Decreto 255/2008, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, no que respecta á verificación de datos de identidade e de residencia. Con esta orde o que se pretende é facer máis áxil e fluída a relación dos cidadáns coa Administración Autonómica, simplificando os trámites e a presentación da documentación dos procedementos administrativos, utilizando para iso as novas tecnoloxías da información.
Neste sentido, tratarase de acceder aos datos de carácter persoal do interesado a través do sistema de verificación de datos de identidade (SVDI) e de residencia (SVDR) do Ministerio de Administracións Públicas (MAP) en virtude do convenio de colaboración asinado para tal fin entre a Xunta de Galicia e o Ministerio. Debido a este caracter persoal e ao feito de que os funcionarios que xestionan os distintos procedementos deberán comprobar os datos persoais do solicitante é imprescindible que os cubrir a solicitude para iniciar o procedemento de que se trate, os cidadáns autoricen a dita verificación dos seus datos. No caso contrario deberase achegar, como ata agora, a copia do DNI ou do Certificado e Empadroamento.
A implantación desta novidosa medida evita ao cidadán a presentación da copia do DNI en 712 procedementos e do certificado de empadroamento en 17 nos que actualmente se solicitan ambos documentos. Algúns destes procedementos, incluídos na Guía do Cidadán son as autorizacións, permisos e licencias, axudas e subvencións, bolsas de investigación, carnés, certificacións, comunicacións, concursos, informes, premios, programas, reclamacións, rexistros e expropiacións.