O IGVS só entregará as vivendas de Eirís e mesoiro cando estean rematadas e en condicións axeitadas

En la web oficial de la Xunta podemos leer esta noticia muy preocupante de hoy mismo:

  • A Xunta non entrega vivendas en estado deficiente e non comparte o criterio do Concello da Coruña de formalizar dita entrega aos veciños sen que os pisos estean correctamente rematados
  • actual goberno da Xunta atopou as vivendas de Eirís con importantes despecfectos causados polo furacán Klaus que deberán ser reparados antes da entrega
  • A anterior Consellería de Vivenda desentendeuse dos danos e non iniciou sequera a redacción do proxecto para execución das obras de reparación
  • As obras de construción das vivendas de Eirís iniciounas en maio de 2005 o goberno da Xunta anterior ao bipartito, que en case catro anos foi incapaz de acabar a construción dos pisos e de rematar o proceso de entrega das vivendas
  • As obras de Mesoiro están sen finalizar. A empresa solicitou unha prórroga de dous meses para o seu remate

Santiago, 6 de outubro de 2009.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entregará as vivendas de promoción pública de Eirís e Mesoiro cando se remate a construción das mesmas e cumpran tódolos requisitos necesarios que garantan aos adxudicatarios das mesmas que van recibir vivendas sen problemas. A Xunta non entrega vivendas en estado deficiente e non comparte o criterio do concello de formalizar dita entrega sen que os pisos estean correctamente rematados.
EIRÍS
No caso de Eirís, o actual goberno da Xunta de Galicia recibiu as vivendas con importantes desperfectos causados polo furacán Klaus, polo que era preciso proceder á reparacións dos mesmos. Os técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo comprobaron que os desperfectos causados polo furacán se debían a determinadas solucións construtivas adoptadas para a execución dos patios de acceso ás vivendas, polo que ademais era preciso adoptar as medidas oportunas para evitar que futuros temporais volvan a producir os mesmos desperfectos nas vivendas.
Con tal fin redactouse o proxecto necesario para proceder ás reparacións e á mellora da construción e actualmente estase a tramitar a contratación das obras precisas para proceder á súa execución.
A anterior Consellería de Vivenda desentendeuse dos danos causados polo Klaus e non iniciou sequera a redacción do proxecto para execución das obras. Cabe salientar tamén que as obras de construción das vivendas de Eirís iniciounas en maio de 2005 o goberno da Xunta anterior ao bipartito, que en case catro anos foi incapaz de acabar a construción dos pisos e de rematar o proceso de entrega das vivendas.

MESOIRO

As vivendas de Mesoiro atópanse aínda en construción, prevíndose o remate das obras para finais de 2009, xa que a empresa solicitou unha prórroga de dous meses para a finalización das mesmas.
Ver noticia en la web de la Xunta