Actividades da Concellería de Xuventude e Solidariedade e Normalización Lingüística
Enviamosvos información das actividades dirixidas a mocidade que se desenvolverán o vindeiro fin de semana, para as que xa se poden apuntar a través da páxina web www.coruna.es/cmix ou no mesmo Centro Municipal de Información Xuvenil. Todas as actividades son gratuitas.
ANDARELA.Pateado o país.
AS FRAGAS DO EUME
Saída desde o Fórum Metropolitano.
Venres, día 24
OBRADOIRO DE CREACIÓN AUDIOVISUAL: CURTAMETRAXE, desde as 19 até as 22 horas. Impartido por Jairo Iglesias na Casa Casares (rúa Panadeiras 12).
Iniciación ao CLOWN, desde as 20 até as 22 horas na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación. Dinamizado por Pedro Brandariz.
OS SEGREDOS DO RUBIK, desde as 20 ás 22 horas no Fórum Metropolitano. Dinamizado por Ernesto Fernández Regueira, integrante da selección española do cubo de Rubik. Esta actividade tenta ensinar como resolver este famoso crebacabezas.
CONVERSAS EN…ÁRABE (para coñecer a lingua e cultura dos países árabes), de 20 a 21 no Centro Municipal de Información Xuvenil.
CONVERSAS EN…ITALIANO (para coñecer a lingua e cultura de Italia), de 21 a 22 na Casa Casares (rúa Panadeiras 12)
CONVERSAS EN…PORTUGUÉS (para botarse a falar), de 20 a 21 na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18, 1º)
AULA ABERTA DE INFORMÁTICA. Acceso a internet até as 23 horas no Fórum Metropolitano.
CINEMA de balde ás 23 horas. Ciclo de terror e ciencia ficción na Sala Fernando Rey.
Sábado, día 25
TRY OUT DE FÚTBOL AMERICANO. Iniciación a este deporte a cargo de membros da asociación galega de fútbol americano nos campos da cidade deportiva da Torre ás 18:30 h
OS BIRLOS OU BOLOS no Parque de Santa Margarida, xunto aos campos de chave, ás 18:30. Iniciación ao xogo dos birlos en dúas modalidades, a de Soutomaior (Pontevedra) e a do Courel (Lugo).
COAS TÚAS MANS…ABELORIOS. Realización de colares, brincos, pulseiras, aneis, figuras de animais…na Asociación de Veciños de Monte Alto (parque de Marte s/n) contra as 21 h
Iniciación ao CLOWN, desde as 21 até as 23 horas na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación. Dinamizado por Pedro Brandariz.
DANZA MODERNA, desde as 21 ás 23 horas no Centro Xuvenil Abeio (rúa Don Bosco 1).
INICIACIÓN AO SCRATCH E TURNTABLISM, de 21 a 23 horas. Aprendizaxe de coñecementos básicos para poder manexar a mesa de mesturas e o vinilo. No Fórum Metropolitano de 21 a 23 horas.