DINAMO Teatro promociona o I Foro de Participación e consulta á infancia de Novomesoiro

Asi o anunciou o portal de igualdade do concello:

O pasado luns pola tarde, os rapaces e rapazas de DINAMO Teatro pasaron polo barrio de Novomesoiro co obxectivo de promocionar entre a rapazada alí presente, e «xogante», o I Foro de participación e consulta á infancia de Novomesoiro, que se celebrará o venres 24 pola tarde, para todas e todos aqueles que prefiran este horario, e o sábado pola mañá para o resto das rapazas e rapaces.

Deixámosvos unhas fotiños de como lles foi motivando a estes pequerrechos para convertilos desde xa en cidadás e cidadáns participativos e enganchados totalmente ao desenvolvemento do seu xoven barrio.