Campaña de donación de sangre
Como todos los años, tendremos el autobús de donaciones de sangre en el barrio la semana que viene. Yo soy donante, como debería serlo todo el que no tenga impedimentos médicos para ello, aunque este año lo tengo difícil para donar, porque ando con un gripazo descomunal. Aún así, seguro que entre todos somos capaces de volver a batir el récord de donaciones, que falta hace.
A continuación, os copio la carta original del Sergas (que, por un error, entiendo, alude a las donaciones del año pasado en el Conservatorio, y no a las de Novo Mesoiro, que, si mal no recuerdo, fueron bastantes más de 19, como suele suceder en este barrio, y espero que este año no sea una excepción):
Estimados veciños:
O vindeiro VENRES 22, teremos unha oportunidade para ser solidarios con aqueles que ten perdido a súa saúde; unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia achegarase ata nos.
As condicións para doar son moi sinxelas, basicamente ser maior de idade, pesar mais de 50 kg e ter un estado de saúde normal. (Levar o DNI.)
A doazón é VOLUNTARIA, pero é un acto de RESPONSABILIDADE. A maioría de nós podemos doar, sen embargo en Galicia tan só doan pouco máis de 4 de cada 100 persoas, e non é dabondo. Lembra que calquera pode necesitar unha transfusión de sangue en calquera momento da súa vida.
Este pequeno esforzo significa que nosos hospitais poidan programar intervencións cirúrxicas ou realizar un transplante, tamén permite dispor de plaquetas suficientes para enfermos de cancro e de plasma para tratar a grandes queimados ou obter factores de coagulación, necesarios para que os hemofílicos poidan levar unha vida normal. O ano pasado foron 19 as doazóns realizadas no Conservatorio, espero que este ano incrementemos a nosa participación.
Como podedes ver, a SOLIDARIDADE ten grandes recompensas. Anímovos para que aproveitemos a ocasión de doar sangue.
BARRIO NOVO MESOIRO
VENRES, 22 de OUTUBRO
Unidade móbil na rotonda
(fronte ao edif. Apartamentos Novo Mesoiro)
De 15.30 ás 21.00 horas¿CONTAMOS CONTIGO?