I Carreira Popular Mesoiro en Marcha

Data de celebración: Domingo 23 de Novembro de 2008. Novo Mesoiro. A Coruña

Descarga o PDF coas Condicions de Participación

Folleto da carreira. Consulta o mapa do percorrido
Folleto da carreira. Consulta o mapa do percorrido

Zona de saida e horario: Rua Ribeira Sacra (Cervecería Mesoiro) as 11:00 Carreira Infantil (1 Km) e as 11:30 Carreira Absoluta (8 Km). Os participantes deberán situarse na zona de saida 15 minutos antes do comenzo da proba, trala liña de saida.

Zona de meta e meta voante: Zona de meta, ubicada diante da Cervecería Mesoiro (Rua Ribeira Sacra nº11), e a meta voante será ó paso pola Cevecería Garota (Avda Novo Mesoiro 16).

Avituallamento: Na metade da carreira e na zona de meta.

Para os mais pequenos (menores de 7 anos) ás 10:30, habera unha pequena proba de 100 mtrs. Con agasallos para todos.

Premio especial meta voante: Sera outorgado ó primeiro corredor/a que pase por dita meta por primeira vez, tendo que quedar clasificado na meta final entre os/as cincuenta primeiros/as: 100 euros home/muller .

Premio especial corredor do barrio: Será outorgado o 1º socio e a 1ª socia da AVV NOVO MESOIRO que cruce a liña de meta. O premio será de 100 euros pra cada un.

Os premios non serán acumalables.

Entrega de trofeos: Comezará unha vez rematada a proba nun stand situado ó carón da Cervecería Garota.

Os participantes que crucen a liña de meta co control aberto, recibirán un pequeno agasallo, así como BOLLERIA (cortesia de SANBRANDAN) e FROITA (cortesia de EROSKI) pra repoñer forzas.

INSCRIPCIÓNS:

  • Cervecería Mesoiro.
  • Cervecería Garota.
  • Tenda Depor 3.
  • La Caixa (Oficina de Novo Mesoiro)
  • Na web www.novomesoiro.com. Descarga o Boletín de inscripción en PDF.
  • Federación Galega de Atletismo (Avda. Glasgow 13, Complexo deportivo de Elviña) www.atletismogalego.org
  • Nos boletíns que sairán publicados no diario La Opinión.

Data límite de inscripcións: 19 de Novembro de 2008
Descarga o PDF coas Condicions de Participación
Para os atletas de fora ¿Cómo chegar?